pero os cimentos…
By andur | xuño 12, 2008
Carta-Epílogo
Sta. Cruz de Mondoi, 12-Outubro-1997
Falábamos das praias e ardía parís como no cine. Falábamos das casas de ceo e ventre deserto porque no centro de nós mesmos cerraban os ollos. E tardei en escribirche e contarche o que se sente agora que nada é como dicías. Agora que esperto e vexo o meu corpo respirar con forza. Penso nelas e penso en ti mentres o vento segue matándose na miña casa. E segue sendo triste. Tan triste como a que comprende.
Quero contarche a miña historia de bailarina, os meus vestidos de princesa sen corpo e sen vestidos. Aquí todas sentiron chorar os seus fillos dentro. A vida era o seu manto de humidosas como un templo, como o pazo da aldea cercándoas. E no forno de pedra, entre as edras, parían as gatas dos veciños. Dous séculos de enfermidades fermosas e irmáns asmáticas. De olor a terra pisada todos os días. Porque por onde pasas puido nacer a vida que che faltou para querela e que te deixe morrer entre os seus brazos.
Pero o meu sangue non avanza nas veas como as túas palabras ou a túa relixión. Son a outra espida de credo e cando visitamos as ruínas do teatro recito a túa pel a escuras e sei cómo cae un imperio. Fronteiriza na derrota porque só nos límites se conquista o centro.
Pero os cimentos. Hai algo que non teño nos cimentos. Todo un camiño cara atrás recollendo traxes de voda secos nos armarios, e logo repetindo que todo o que tes é teu, dende a superficie ao centro da terra é teu. Pero se me arrastro até o fondo nada existe na escuridade que me debes como herdeira desa terra. Non me podes pagar máis.
Se existe algún deserto que non me cruce, son a primeira desertora do camiño, a iniciada aos seus pés. Toda renuncia levanta pedras para lapidar algún silencio. E algún día ese silencio será o teu cando saias a buscalo.
Soñei este mundo. Sabía cada espacio. E liñas volumes que non teño. Pero cando marches cercado no pantano que xa non respira, cando cruces as augas que xa non respiran, tende a lingua para min dende o principio dos tempos, que saiba a orixe dalgunha boca triste e forte como se morde, como se volves.
Porque nada destruo que non sexa. E se volves, habita
este corpo que entrañas horas,
e que entrañas horas repitas
que entrañas horas.
Enma Couceiro
de As entrañas horas, 1998
chúzame -
Topics: Sen clasificar | No Comments »
By andur | xuño 11, 2008
chúzame -
Topics: Sen clasificar | 1 Comment »
Non me chames
By andur | xuño 10, 2008
Teño dores de cabeza fortísimos aos que ti lles puseches nome, E con cada porta que fechabas, fixen pancartas de crucigramas para que a xente os adiviñaraE xa non importa que non sepa decir nen facer, Se cae a cinza no colchón da Rebe e a Sabela durmindo i eu berrando. E agora , quero que me chames Ana e non Andrea,E outra vez emvolvendo con celofán todas as corcheas, e a enfermizo das pinturas Non importan eses animaliños raros que dibuxo no teu esfínter cando te creo débil e xurde a forza, e miras de “reojo y me sonrojo” e volveste, coa victoria agarrada polas encías, e non importa igual se tiro un pouco do fio, e queres e non podes e esto non é un desafío….Se caes de cabeza ensinareite ben o camino, e que non te perdas é una maldade grande, porque eu quero un, dous ,tres, rio!A saciedade contase cós dedos gordos do pes, e coa boca abrindolle paso ao ventrículo….Despois de todo, ao chegar, has facer ben os deberes e deberás tecerme as ganas de tocarte neste verso, se queres conseguir o conseguido.é un “corre que te pillo”.Un nogal dunha maceira.
Unha mártir, sen sentido, sen ganas, facendo equilibrio…
A.N.B
chúzame -
Topics: Sen clasificar | 1 Comment »
regueifando con ela
By andur | xuño 10, 2008
chúzame -
Topics: Sen clasificar | No Comments »
queroaprenderoteurostrodememoria
By andur | xuño 10, 2008
non sigas lendo. isto é unha trampa.
non vou dicirche que faría canto quixeras
e estamos incriminados nela, ti e máis eu
non vou dicirche que quizais non
e debes seguirme punto por punto ata o final
non vou dicirche que enterrei todas as palabras
estás atrapado agora, e a vida váiselle a este poema
poderás empezalo unha e mil veces e mil e unha veces acabará da mesma forma
estamos só os dous e ti fasme sentir que todo isto é certo
pero se non é certo, por qué segues aquí
por qué segues
a piques de caer nesta trampa indivisa
na vida que se lle vai a este poema, secamente
faría canto quixeras
quizais non
enterrei todas as palabras
quédanme estas para che dicir que quero
aprender
o teu rostro
de memoria.
Estíbaliz Espinosa
chúzame -
Topics: Sen clasificar | No Comments »
cando cres que me ves
By andur | xuño 10, 2008
Exposición de Fotografía no Centro Quérote o 28 de xuño 2008
Se existo, por qué non me ves?
Muller, lésbica, visibel!
chúzame -
Topics: Sen clasificar | 1 Comment »
A igresa mata, apostata!
By andur | xuño 10, 2008
das maribolheiras precarias!
grandes todas elas!!
chúzame -
Topics: Sen clasificar | No Comments »
Ortigándonos
By andur | xuño 10, 2008
" Aínda dormen. Laura coa boca aberta.
Non hai cuspe.
que secos que estan xa os beizos de laura.
está revolta,
alguén debería sacudila coma a roupa mollada.
Agardo que abra os ollos,
que con ollos de pita
me diga que ronco,
que parezo unha orquestra,
que durmiu mal,
que para que pregunto ou
-que miras?
XiAna ARias
Esta é a mellor imaxen de bos dias, o meu requiem non tan diario como quixera e as miñas terribles ganas de que me diga diariamente "qué miras"
Ortigas, fala soa e con delicado mimo, como susurrándome ao oido peza por peza, vai entrado no meu corpo e vaime acunando no ventre da noite, Ortigas foi gañar, e perder cun sorriso, e foron as veces que escribin tecla por tecla no tellado da casa, e a autora, linda, collendome polo pescozo mentres me tatuo cada frase que alí contén, ortigándome os ollos e mais un segredo que non vos contarei.
ortigacheste ben tarde, menina, ben tarde...
chúzame -
Topics: Sen clasificar | No Comments »
By andur | maio 1, 2008
Olga Novo, claro que si....
29 de xaneiro do 2002.
Querida mamá: estou aprendendo a ladrar.
une saison en enfer. repite comigo Une-Saison-En-Enfer.
trinta xeracións de meu analfabetas Eu estou aprendendo a ladrar.
marcar un nunca territorio coa epiglote
coma un cadelo coma un can de palleiro
escadelearme ata volver en min en can entón pronuncio
Walt Walt
Walt Whitman mamá.
estou aprendendo a ladrar.
póñome de cu pró sol agárrome a unha aixada e
tento imitar o son do cuco do cuco de cu pró sol entón
a miña gorxa esprémese de dor
e oulan coma nunca os futuros posibles que nos fan esbombar as veas
coma unha pota de leite na lareira.
os ollos do meu amor levan dentro
o troupeleo dos chocallos uncontrautro uncontrautro
da novena sinfonía de Gustav Mahler
mamá.
e eu míroche prós ollos prós olliños estás tan cansa
pero eu non e aquí
é o intre da furia can
escoito con atención a campá de cris
tal dos teus soños incumpridos
coma unha escultura delicada de Brancusi
de Cons tan tín Brancusi.
unha vez e outra vez o corazón grandísimo
igual ca unha cerrota andoa o outono es ti ou ou ou loba
velaquí me tés bailando berrando choutando
unha mestra gutural un volcanciño gutural
coma Virginia Woolf coma Virginia Woolf coma Virginia Woolf.
eu míroche prás mans podería lamberche as cicatrices das mans
ata que deran luz
e curarche as hernias discais cun só verso alexandrino
cunha sílaba de centeo cru cun oh-là-là e despois despois
contar unha por unha as túas canas enraizadas nas idades do mundo
a túa lingua plantígrada mamá
podería mesmo reestructurarche a osamenta
co implante dunha canción anarquista.
ás veces sinto a dor sedimentándose
lámina
por
lámina
coma a pizarra:
é un esguince emocional chantado na caluga
e para ladrar así ás veces é preciso chorar iodo
abrir os xeonllos cunha gadaña ata ver o sol tan preto
a tres centímetros do iris
mamá
eu tiña que mamar da túa médula
asombrar o mundo cando che baixa a compaixón ás caries
e ós peitos
caídos
co cansazo.
para poder ladrar eu tería que rillar durante anos
a túa alerxia ó pó á peluxe dos chopos
a túa anemia circulando en sentido inverso polo sangue
tería que ir contigo enterrar ó teu irmán de vintesete anos e
apretar a meixela para non tronzar a lingua
coa súa tuberculose mamaíña.
ben sei eu que para poder ladrar
tería que ir contigo á miña infancia
e verme case morrer deshidratada
e pregarlle á virxe na que non cres
que me devolvera á vida de tres meses e medio
e soldarme no teu colo para sempre
coma unha peza de ferro do teu ventre.
non penses que non sei que para poder ladrar
tería que ir contigo ás derradeiras horas
da mamá Carmiña agarrada ás catro puntas do seu pano
e ó teu bazo.
ben o sei ben sei eu todo
que para eu aprender este ladrido
á fin fixeron falla
mil mulleres lavando a reo no río de Saá
e mil arando e dúas mil cosendo e cinco mil
apañando cozas e garabullos no medio do monte e Ti
sobre todo ti plantando pinos nun serragoto inmenso
desaprendendo canto es
esfuracando as túas dúbidas.
Querida mamá: estou aprendendo a ladrar.
alguén me ve abríndome a queixada ata que a fendo e digo xa
xa ladro ou coma o can non non
coma Camille Claudel coma Camille Claudel coma Camille Claudel
coma Camille mamá no mármore
coma Camille
coma Walt Whitman Walter Benjamin vou mamá
vou deica ti
vou eu vou
outa
outa
ouh…
A cousa vermella (2004
chúzame -
Topics: Sen clasificar | No Comments »
Folga estudantil
By andur | abril 29, 2008
e hoxe mais leria!! contra a suba das taxas
coa violencia das ilusións posta no berro, porque os estudiantes temos dereitos, e ninguén nos fará calar!
hoxe cabreadas! e mañán mais....
chúzame -
Topics: Sen clasificar | 1 Comment »

